# Aplicación GpxPod para Nextcloud

Amosa, analiza, compara e comparte ficheiros de trazados GPS.

🌍 Axúdenos a traducir esta aplicación no [proxecto GpxPod en Crowdin](https://crowdin.com/project/gpxpod).

GpxPod:

* 🗺 Pode amosar os seus ficheiros gpx/kml/tcx/igc/fit
* 📏 Admite os sistemas de medida métrica, inglesa e náutica
* 🗠 Debuxa gráficos interactivos de elevación, velocidade, ritmo ou calquera dato de extensión
* 🗠 Usa gradientes de cor para as liñas de trazado con velocidade, elevación, ritmo ou calquera dato de extensión
* 🗠 Amosa estatísticas do trazado
* 🖻 Amosa imaxes xeolocalizadas
* 🖧 Xera ligazóns públicas apuntando a un trazado/cartafol
* 🗠 Pode corrixir a elevación do trazado empregando datos SRTM
* ⚖ Pode facer unha comparación global de varios trazados
* ⚖ Pode facer comparacións visuais por pares de partes diverxentes de trazados semellantes
* 🀆 Permite aos usuarios engadir servidores de teselas de mapas persoais
* 🖍 Permite ao usuario escoller manualmente a cor da liña para cada trazado
* 🔒 Funciona con cartafoles de datos cifrados (cifrado do lado do servidor)
* 🍂 Congratulámonos de empregar Leaflet e MapLibre GL

Ligazón ao sitio web da aplicación de Nextcloud: https://apps.nextcloud.com/apps/gpxpod

## Instalación

Consulte a [Documentación de administración](https://gitlab.com/eneiluj/gpxpod-oc/wikis/admindoc) para ver detalles da instalación

## Incidencias coñecidas

* _ADVERTENCIA_, a conversión kml NON funcionará con ficheiros kml recentes que empregan a etiqueta de extensión «gx:track» propietaria.

Calquera opinión será ben recibida.
